martes 23 de junio de 2009

Preinscrición no CICLO SUPERIOR DE MANTEMENTO DE EQUIPO INDUSTRIAL

O prazo para facer a preinscrición no Ciclo Superior de Mantemento de equipo industrial, do IES Laxeiro de Lalín, é do día 1 de setembro ao 17 de setembro, ambos dous incluídos.

Aquelas persoas interesadas en matricularse para o curso 2009-2010, neste Ciclo Superior deberán facer esta preinscrición na secretaría do centro situada na seguinte dirección:

IES LAXEIRO

Avda. Bos Aires, 71 Lalín,
36500 - Pontevedra
Tlf: 986 787 051 Fax: 986 787 403
ies.laxeiro@edu.xunta.es

lunes 22 de junio de 2009

A FORMACIÓN PROFESIONAL

Nestas ligazóns poderedes leer dúas interesantes anotacións. Relativas ó emprego e a Formación profesional.

Realizadas por D. Daniel Veiga Martinez, Orientador do IES García Barbón de Verín (Ourense) e Presidente de APOEGAL (Asociación Profesional de Orientación Educativa de Galicia).






lunes 15 de junio de 2009

OS CICLOS XENERAN ENERXÍA

MATRICÚLATE NO CICLO SUPERIOR DE MANTEMENTO DE EQUIPO INDUSTRIAL

Cando todos che falan da crise, os Ciclos Formativos falan de futuro. Están avalados polas máis altas porcentaxes de inserción laboral. Aínda en momentos de crise a demanda do empresariado así o recoñece.

Cando todos falan de desemprego, os Ciclos Formativos seguen sendo a vía máis rápida para atopar traballo.



Non te deixes levar pola crise, aproveita este momento para mellorar a túa formación, matricúlate no:

Ciclo Superior de Mantemento de equipo industrial

IES LAXE
IRO

Lalín - Pontevedra

Tlfno: 986 787 051
Fax: 986 787 403

ies.laxeiro@edu.xunta.es
http://www.ieslaxeiro.com



Duración: 2 anos (2000 h)

Módulos:
  • Calidade no mantemento e na montaxe de equipos e instalacións (90 h).
  • Elementos de máquinas (80 h).
  • Formación e orientación laboral (55 h).
  • Formación en centros de traballo (380 h).
  • Montaxe e mantemento de sistemas automáticos de produción (165 h).
  • Montaxe e mantemento do sistema mecánico (185 h).
  • Montaxe e mantemento dos sistemas eléctrico e electrónico (185 h).
  • Montaxe e mantemento dos sistemas hidráulico e pneumático (130 h).
  • Plans de seguridade no mantemento e na montaxe de equipos e instalacións (55 h).
  • Procesos e xestión do mantemento (110 h).
  • Proxectos de modificación do equipo industrial (165 h).
  • Relacións no contorno de traballo (55 h).
  • Representación gráfica en maquinaria (110 h).
  • Técnicas de fabricación para o mantemento e a montaxe (160 h).


Título :
Técnico superior en mantemento de equipo industrial.


(máis información neste folleto informativo, publicado na páxina www.edu.xunta.es)


domingo 14 de junio de 2009

VÍDEOS DAS INSTALACIÓNS

4 Vídeos das instalacións do
CICLO SUPERIOR DE MANTEMENTO DE EQUIPO INDUSTRIAL,
que se imparte no IES LAXE
IRO

Lalín - Pontevedra

Tlfno: 986 787 051
Fax: 986 787 403

ies.laxeiro@edu.xunta.es






jueves 11 de junio de 2009

APOSTA POR SISTEMAS ENERXÉTICOS SOSTIBLES NOS SECTORES INDUSTRIAIS E TERCIARIO

Siemens aposta por produtos máis sostibles nos sectores industrial e terciario -hoteis, edificios públicos e hospitais.
BILBAO, 10 Xuño. (EUROPA PRESS)

A empresa Siemens apostará polo fomento dos produtos máis sostibles. A compañía marcouse como obxectivo reducir as súas emisións de CO2 e o seu consumo de auga nun 20% ata 2011.

Estes datos foron dados a coñecer por Siemens na xornada que presentou no transcurso do European Future Energy Congress, que se celebra no BEC de Baracaldo (Biscaia), a súa nova política enerxética baixo o lema "Máis eficiencia enerxética, menos emisións"
.

Os seus responsables destacaron que a característica principal desta estratexia é o fomento dos produtos máis sostibles e confiaron en que as súas vendas representen o 25% do total en dous anos.
Siemens destacou que a división de Enerxía e a estratexia de eficiencia enerxética deben ser as que máis acheguen, xa que contan coa maior parte de produtos respectuosos co medio. Así mesmo, manifestou a súa vontade de comprometerse coas empresas españolas para lograr "importantes reducións do consumo", que poden chegar ao 30% e que "se traducirán nunha notable rebaixa da factura enerxética". Segundo explicou, estes aforros poden autofinanciar os investimentos nun curto prazo, o que diminúe o esforzo económico.

A compañía subliñou que ten a maior carteira de produtos e solucións para reducir as emisións de CO2 e protexer o medio e destacou que é necesario "involucrarse e desenvolver políticas de respecto para garantir a sostibilidade do planeta". Neste sentido, destacou que Siemens se compromete a reducir as súas emisións de CO2 e o seu consumo de auga nun 20% ata 2011.

Siemens presentou algunhas solucións sostibles como Siplink, unha aplicación que permite conectar os buques nos portos a un sistema de alimentación externa, de modo que estes poidan parar as súas máquinas.

Esta tecnoloxía permite un aforro de ata 12 toneladas de CO2 por buque e día. A redución de C02 pode chegar ao 35%, a dos óxidos de nitróxeno ao 95% e a de partículas ao 90%. Ademais, favorece unha importante redución da contaminación acústica.

AFORROS XERADOS
:
A compañía asegurou que investir en tecnoloxías sostibles non só é beneficioso para o medio, senón tamén "un investimento moi rendible, xa que moitas delas se autofinancian grazas aos aforros xerados".

No caso da eficiencia enerxética, Siemens explicou que conta cunha nova unidade que agrupa todas as tecnoloxías necesarias para garantir consumos enerxéticos máis eficientes e racionais.

A unidade desenvolve a súa actividade, principalmente, nos sectores industrial e terciario -hoteis, edificios públicos e hospitais, entre outros-.
A empresa destacou que se trata de dous sectores estratéxicos, en exístenos grandes infraestruturas -algunhas delas obsoletas- cun importante potencial de aforro enerxético, xa que os edificios son responsables de máis do 41% do consumo eléctrico.

A oferta da nova unidade é pioneira en España por ofrecer un ciclo global, dende o prediagnóstico ata a supervisión e mantemento continuado.
Ata o momento e da man de Siemens, máis de 6.500 edificios, repartidos por todo o mundo, implementar medidas de control e racionalización do consumo. Como consecuencia diso, estima que se evitou a emisión de 2,4 millóns de toneladas de emisións contaminantes, o que puido xerar un aforro económico superior aos 1.000 millóns de euros.

miércoles 10 de junio de 2009

ELECTRICIDADE CON BICICLETAS DESDE O IES LAXEIRO


Canal de webdeztv

martes 9 de junio de 2009

Revista: "INDUSTRIA AL DIA"


lunes 8 de junio de 2009

O --- CICLO SUPERIOR DE MANTEMENTO DE EQUIPO INDUSTRIAL--- NA PRENSA


jueves 28 de mayo de 2009

VENRES 29 MAIO, IES LAXEIRO, PRODUCCIÓN DE ENERXÍA CON BICIS

Este venres 29 Maio, os alumn@s do IES Laxeiro de Lalín celebran o Festival das Letras Galegas. Haberá actividades de música, baile e outras.
Entre estas actividades van te
r a oportunidade de poñer a proba un orixinal aparello ideado e fabricado desde o Ciclo Formativo Superior de Mantemento de Equipo Industrial. A hora a que se vai facer esta actividade vai ser aproximadamente 13:45.

Na súa fabricación tamén contou coa colaboración do Ciclo Formativo de Electromecánica de Vehículos, Ciclo Formativo de Equipos e Instalacións Electrotécnicas, outros departamentos do centro así como os que donaron as bicicletas.

O funcionamento do aparello basease en transformar a enerxía mecánica producida polos ciclistas en enerxía eléctrica que se aproveitará para facer no mesmo instante radio. Para a p
roba de radio, haberá unha emisora de radio desde a que se contactará con outros radioaficionados que nos escoiten en distintos lugares de Galicia, Asturias e León.

Participarán pedaleando nas bicicletas, profesores/as e alumn@s do centro, que irán en quendas. Terán oportunidade de ver como varía a produción de enerxía, vendo nos medidores. tamén estarán conectadas unhas luces que funcionarán dependendo das pedaladas.

miércoles 27 de mayo de 2009

IMAXES