
Hoxe tomámonos a licenza de saírnos do tema do blog, para felicitar aos alumnos do Ciclo Superior de mantemento de equipo industrial do IES Laxeiro (Lalín-Pontevedra), ao profesorado do departamento de Mantemento Industrial, ao equipo directivo e profesorado do centro.
Este blog vén de ser premiado polo III Premio Espiral Edublogs 09, como 1º na categoría de Blogs de Aula - FP y Ciclos.
Polo que quixera agradecer á Asociación Espiral, Educación Y Tecnología. Felicitar a todos os participantes, finalistas e gañadores en cada categoría.
A todos eles, grazas a participar neste premio, hoxe coñecémolos, e deles tomaremos importantes aprendizaxes á hora de empregar os blogs como ferramenta didáctica.
Unha especial mención ao blog premiado na mesma categoría de Blogs de Aula - FP y Ciclos Formativos Producindo planta do IES de Arzúa.
Outros blogs galegos premiados nesta edición son:
- La clase de los murciélagos (CEIP Manuel Sieiro - Crecente) 3º na categoría Blog de aula - Infantil.
- Tictiza (IES Rio Cabe - Monforte) Premio Planetalector al mejor blog de fomento de la lectura en Bachillerato.
- Bibliocabe (IES Rio Cabe - Monforte) 3º na categoría Blogs de Centro.
- Redetic (Consellería de Educación e Ordenación Universitaria) 3º na categoría Blogs de Asesoramiento, Formación y Asociaciones.
- Producindo planta (IES de Arzúa) 2º na categoría de Blogs de Aula - FP y Ciclos Formativos.


4 comentarios:
Dende o IES de Arzúa as nosos parabens por este premio e sobre todo gracias a edublogs porque sen esta plataforma eu non sei si chegariamos a coñecervos e a verdade é que (aínda sen entender moitas das cousas das que vos ocupades neste blog) teño que dicir que é un pracer lervos e de agora en adiante seguirvos.
Un bico e grazas polas vosas felicitacións.
Manuel e alumnos do Ciclo Superior de Mantemento de Equipos Industriais, alédame moito a noticia deste premio traballado e merecido. Porque sei da túa ilusión, Manuel, da túa amizade e desinterese vai a miña aperta e o ánimo para seguires coa mesma paixón durante moitos anos nesta túa arela profesional.
Noraboa para Manuel López e para o alumnado do Ciclo Superior de Mantemento de Equipo Industrial. O traballo realizado en relación cos blogs e outras aplicacións da web 2.0 -comezado no curso 2005/2006 no IES García Barbón de Verín- ten o seu merecido agasallo.
Un saúdo cordial
Daniel Veiga
Moitas grazas polas felicitacións. Como ben se reflexa nos vosos comentarios, isto é froito do traballo colaborativo, da constancia e sobre todo de ter a oportunidade de traballar con xente con grandes coñecementos e interese nestas ferramentas.
Publicar un comentario en la entrada