FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS NO IES LAXEIRO:
Montados en bicis a 300.000 km/s
Montados en bicis a 300.000 km/s
O vindeiro venres, 29 de maio, celébrase no IES Laxeiro o Festival das Letras Galegas. Durante a xornada desenrolaranse distintas actividades.
Nun centro no que é tan presente o deporte, non podían faltar as bicicletas. O orixinal é como se vai relacionar as bicis e a lingua.
Desde o Departamento do Ciclo Formativo Superior de Mantemento de Equipo Industrial e coa colaboración do Ciclo Formativo de Electromecánica de Vehículos, Ciclo Formativo de Equipos e Instalacións Electrotécnicas, outros departamentos do centro así como os que donaron as bicicletas, púxose en marcha para fabricar un aparello orixinal e curioso para este día das Letras Galegas.
A misión deste aparello ha de ser a de converter as pedaladas de tres bicicletas en enerxía eléctrica. Esta enerxía almacenada na batería poderase empregar para cargar o teléfono, para ter alumeado, ou para calquera uso no que precisemos electricidade.
A construción do aparello levouse a cabo nos talleres Ciclo Formativo Superior de Mantemento de Equipo Industrial. A súa construción parte dunha estrutura feita en aceiro, mecanizada e soldada a partir de perfís e chapas de aceiro. Esta estrutura ha de sustentar a tres bicicletas.
A enerxía mecánica conseguida ó pedalear nas bicicletas será transformada en enerxía eléctrica coa axuda dun alternador. Este alternador que no seu día estivo funcionando nun coche, hoxe reciclámolo para producir electricidade que se irá almacenando nunha batería.
O rendemento irá parello ás pedaladas que dean os tres ciclistas.As rodas das bicicletas están apoiadas nuns rodillos metálicos, que a súa vez farán xirar ó indutor do alternador, producindo así electricidade. Esta segunda transmisión mecánica entre os rodillos metálicos e o indutor do alternador, será mediante unha polea.

Nas súas primeira probas, os que se puxeron a pedalear coa satisfación de ver como ían producindo electricidade, tamén se decataron de que no primeiro instante en que o alternador comeza a producir electricidade, provoca un pequeno frenazo. Pasado este instante inicial, e mantendo un ritmo de pedaleo constante, foise conseguindo unha voltaxe de 14 voltios e unha media de intensidade de 15 Amperios.
Ago
ra que conseguimos electricidade, xa podemos poñer a funcionar todo aparello eléctrico, e tratándose do Festival das Letras Galegas, que mellor ca unha emisora de radio.Precisarase unha emisora de radio e unha antena. Durante estes días tamén se construíu, nos mesmos talleres, unha antena. Podemos vela na imaxe publicada na Voz de Galicia.
Agora só falta este venres, poñer todo a funcionar, e irmos a quendas: uns a facer deporte nas bicis, e outros a facer radio.
Para as probas de radio contamos coa colaboración de Radioaficionados. Cos que nos poñeremos en contacto vía radio, nas frecuencias de 145 Mhz.Coa enerxía das pedaladas na bicicleta, conseguiremos facer radio, que como todos coñecemos, son ondas de radio que viaxan a velocidade da luz (300.000 km por segundo).
¡ Quen pensara antes alcanzar os 300.000 km/s montado nunha bici !
Páxinas relacionadas:





0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada