lunes 15 de junio de 2009

MATRICÚLATE NO CICLO SUPERIOR DE MANTEMENTO DE EQUIPO INDUSTRIAL

Cando todos che falan da crise, os Ciclos Formativos falan de futuro. Están avalados polas máis altas porcentaxes de inserción laboral. Aínda en momentos de crise a demanda do empresariado así o recoñece.

Cando todos falan de desemprego, os Ciclos Formativos seguen sendo a vía máis rápida para atopar traballo.



Non te deixes levar pola crise, aproveita este momento para mellorar a túa formación, matricúlate no:

Ciclo Superior de Mantemento de equipo industrial

IES LAXE
IRO

Lalín - Pontevedra

Tlfno: 986 787 051
Fax: 986 787 403

ies.laxeiro@edu.xunta.es
http://www.ieslaxeiro.com



Duración: 2 anos (2000 h)

Módulos:
  • Calidade no mantemento e na montaxe de equipos e instalacións (90 h).
  • Elementos de máquinas (80 h).
  • Formación e orientación laboral (55 h).
  • Formación en centros de traballo (380 h).
  • Montaxe e mantemento de sistemas automáticos de produción (165 h).
  • Montaxe e mantemento do sistema mecánico (185 h).
  • Montaxe e mantemento dos sistemas eléctrico e electrónico (185 h).
  • Montaxe e mantemento dos sistemas hidráulico e pneumático (130 h).
  • Plans de seguridade no mantemento e na montaxe de equipos e instalacións (55 h).
  • Procesos e xestión do mantemento (110 h).
  • Proxectos de modificación do equipo industrial (165 h).
  • Relacións no contorno de traballo (55 h).
  • Representación gráfica en maquinaria (110 h).
  • Técnicas de fabricación para o mantemento e a montaxe (160 h).


Título :
Técnico superior en mantemento de equipo industrial.


(máis información neste folleto informativo, publicado na páxina www.edu.xunta.es)